Vencer a ideoloxía do sacrificio Versão para impressão
Domingo, 08 Agosto 2010

Estamos ante unha ofensiva ideolóxica preocupada por garantir as marxes de beneficio das grandes empresas e o proceso de acumulación xenocida do capital. As condicións de vida das clases populares é sacrificada polo estatus dunha élite cada vez máis poderosa.

Artigo de Silvia Bermúdez Pérez* (publicado em galego)

“Os que traballan teñen medo de perder o traballo. Os que non traballan teñen medo de non atopar nunca traballo. Quen non ten medo á fame, ten medo á comida” (Eduardo Galeano)

 

O capitalismo salvaxe está a impoñer plans de austeridade e contrareformas laborais e sociais perxudiciais para a inmensa maioría da poboación, co único obxectivo de satisfacer as exixencias das entidades financeiras causantes da crise e garantir a acumulación do capital, de quen máis ten. Todos e todas perdemos dereitos e garantías por unha crise que non causamos mentres os actores directos saborean os seus benficios e amasan fortunas inmorais.

Para lexitimar esta desvergoña predican a ideoloxía do sacrificio e do medo. Temos que aceitar sumisamente estes retrocesos en nome do “mal menor”. Unha e outra vez repiten a mesma patraña “a cousa vai mal e podería ir peor así que hai que facer sacrificios”. O curioso é porque non fai estes sacrificios Alfredo Sáenz, conselleiro delegado do Banco Santander, que no ano 2009 cobrou 10’2 millóns de euros; ou Francisco González, presidente do BBVA, cunha remuneración de 8’1 millóns de euros, tamén en 2009.

Estamos ante unha ofensiva ideolóxica preocupada por garantir as marxes de beneficio das grandes empresas e o proceso de acumulación xenocida do capital. As condicións de vida das clases populares é sacrificada polo estatus dunha élite cada vez máis poderosa.

Para comprender esta estraxia basta con ilustrar o caso de Seat en Cataluña:

·    Seat suscribiu un acordo de conxelación salarial aprobado en referendum polo 65% das traballadoras e traballadores. En 2009 os salarios permaneceron conxelados e no presente ano serán incrementados na metade da inflación.

·    A cambio a factoría comprometeuse a fabricar o novo Audi Q3.

·    A Generalitat de Catalunya subvenciona a fabricación do novo modelo con 300 millóns de euros.

·    Francisco Javier García Sanz, presidente do Consello de Seat, obtivo unha remuneración de 9’5 millóns de euros en 2008.

·    Seat presentou 4 EREs de suspensión do emprego.

O exemplo de Seat demostra como as empresas logran enormes beneficios baixo o chantaxe aos seus traballadores e traballadoras, que viven atemorizados pola constante ameaza de perder o seu posto de traballo. Este novo modelo de escravitude e dominación e calificado como exemplo de esforzo e responsabilidade.

Temos que vencer a ideoloxía do medo e do sacrificio e loitar contra este modelo de produción suicida que condena a máis de 1.000 millóns de persoas a desnutrición crónica e que destrue o planeta no que vivimos. Contra a ditadura dos mercados financieiros organización e loita sindical.

Publicado no portal da Confederação Intersindical Galega 

*Sílvia Bermuda Pérez

Nada en Vigo, en 1979, licenciada en Dereito (rama económico-empresarial). Tivo un papel destacado no movemento estudantil participando dos CAF e formando parte dos órganos de goberno da Universidade de Vigo. Foi concelleira do BNG no último tramo da lexislatura 2003-2007. Milita na CIG dende o ano 2002, tendo un intenso e activo labor no seo da CIG-Mocidade.

 

A Comuna 33 e 34

A Comuna 34 capa

A Comuna 34 (II semestre 2015) "Luta social e crise política no Brasil"EditorialISSUUPDF

 capa A Comuna 33 Feminismo em Acao

A Comuna 33 (I semestre 2015) "Feminismo em Ação"ISSUU | PDF | Revistas anteriores

 

Karl Marx

 

 
 

Pesquisa


Newsletter A Comuna

cabeca_noticias

RSS Esquerda.NET