O machismo mata Versão para impressão
Terça, 19 Novembro 2013

mulheresA crise chegou para quedarse. Confeso que empezo a pensar que mesmo puido ser inducida, coa intención de acelerar a perda de dereitos sociais e consolidar o modelo neoliberal na vella Europa. Na Galiza, o Goberno teima en anunciar a fin da crise a pesar das escandalosas taxas de desemprego e pobreza. Un de cada catro galegos vive por debaixo do limiar da pobreza. A maioría mulleres. Mais eles teiman na propaganda e falan de albiscar a luz ao final do túnel. Porén, a luz non alcanza aos excluídos e marxinadas.

A crise provocou un retroceso de décadas, en dereitos, en servizos, en igualdade.  A ideoloxía do poder condensou todo o seu ideario político nunha frase: "vivimos por riba das nosas posibilidades". As vítimas asumen o papel de verdugos. Neste contexto non só derruban dereitos laborais e sociais, todo o discurso a prol da igualdade fica marxinado. Insinúase que a igualdade é un luxo que non pode ser atendido nun momento de crise. Unha falacia máis que esconde ideoloxía liberal. A dereita nunca acreditou na igualdade de pobos e persoas.

As consecuencias desta crise afectan ao conxunto das clases populares, e mais unha vez comprobamos, como se pode retroceder e derrubar dereitos conquistados ao longo de décadas. Tamén os dereitos das mulleres. De feito xa existen indicios que alertan do negativo impacto da crise na vida das mulleres, concretamente na loita contra a manifestación máis extrema de desigualdade como é a violencia de xénero. A ONU xa alertou no 2010. Na Galiza as denuncias que chegan aos xulgados tamén minguaron. Así de 6.068 denuncias por violencia de xénero rexistradas no 2009, pasamos a 4,788 en 2012. É evidente que a causa non é unha baixada da violencia, senón consecuencia directa da propia crise –feito recoñecido pola propia Xunta de Galiza-. As mulleres denuncian menos, é dicir, aguantan máis tempo a violencia.

Cabería pensar, que os poderes públicos, que os gobernos, ante esta situación incrementarían os medios e recursos para garantir as mulleres unha vida sen violencia. Sería o lóxico. Mais son malos tempos para a lóxica. O certo é que detectamos un descenso importante no acceso as axudas para as mulleres que sofren violencia de xénero. A súa crueldade chega ao extremo de xusto nesta crise, dificultar e poñer novas trabas para acceder aos programas deseñados para amparar ás vítimas da violencia machista. Mais xa sabemos, todo vale se axuda ao déficit cero e cadrar as súas contas.

Reducen axudas, recortan programas ao tempo que alentan o discurso machista e patriarcal. Só citarei algunhas mostras recentes: financiar con cartos públicos a centros privados de ensino que segregan aos nenos e as nenas, discurso a prol do rol tradicional das mulleres, cuestionamento do dereito a decidirmos sobre o noso corpo.... Todo forma parte da mesma roda, o mesmo discurso que dá amparo e alimenta ao machismo e a súa violencia. Coido que as mulleres deberiamos rebelarnos contra ese cinismo político e social que condena a violencia, mais dá sustento a todo a ideoloxía que a sustenta e a perpetúa. É esta tarefa urxente, pois non podemos calar nin ser cómplices, ante unha violencia que non cesa, que destroza vidas, pois sabemos ben que o machismo mata!

Ana Pontón, deputada do Bloco Nacionalista Galego no Parlamento Galego

 

Artigo relacionado: Violência de Género na Europa«No Tempo das Borboletas».

 

A Comuna 33 e 34

A Comuna 34 capa

A Comuna 34 (II semestre 2015) "Luta social e crise política no Brasil"EditorialISSUUPDF

 capa A Comuna 33 Feminismo em Acao

A Comuna 33 (I semestre 2015) "Feminismo em Ação"ISSUU | PDF | Revistas anteriores

 

Karl Marx

 

 
 

Pesquisa


Newsletter A Comuna